Saturday 20 de April de 2024

O Partido Popular presentou a Esperanza Arias como nova candidata ás municipais de Sada


Esperanza manifestou que se está traballando nun proxecto innovador e ilusionante: ” Imos facer de Sada un lugar onde vivir e investir”

Este xoves día 26, o Partido Popular presentou a Esperanza Arias Ferreiro, como candidata á alcaldía de Sada nun acto público na Capela de San Roque, coa intervención do Vicepresidente segundo da Xunta de Galicia e Presidente provincial do PP, Diego Calvo e arroupada por outros cargos do partido e máis dun centenar de veciños, que demostraron o seu apoio e confianza na candidata.

O espazo no que tivo lugar o acto quedou escaso para acoller ao gran número de cidadáns que asistiron ao mesmo para acompañarlle e manifestarlle o seu apoio tanto a ela como candidata, como ao seu proxecto e á xestora que fixo posible esta renovación, este aire fresco na política sadense e no propio Partido Popular de Sada.

O acto estivo repleto de momentos cunha gran carga emotiva marcados pola personalidade, proximidade e calidade humana de Esperanza Arias.

Esperanza mostrouse como unha candidata humilde, próxima, responsable e con moitas ganas e ilusión
para traballar por e para Sada.

Quixo dar a coñecer un PP renovado, ilusionado, aberto de pao a pao a todo o que queira unirse.

E todo iso a través deste proxecto ilusionante, real e necesario, no cal adianta a candidata, Esperanza Arias, “Que fará de Sada un lugar onde vivir e investir con calidade e confianza con Esperanza Por e Para Sada”.